ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Magosto e torneo de pádel, o 20 de novembro en San Xoán de Río

 

Dobre cita o vindeiro 20 de novembro en San Xoán de Río. Pola mañá, a partir das 10h. a pista de pádel acollerá o “Torneo de pádel Río 2021”, con premios en metálico para os participantes que se establecerán en función do recadado polas inscricións. O prezo para anotarse na competición será de 10 euros por parella e a organización dos partidos farase segundo o número de parellas inscritas.

 

 

Por outra banda, ese mesmo sábado 20 de novembro pero pola tarde, San Xoán de Río recuperará a tradición do magosto, tras o parón obrigado pola pandemia no 2020. A celebración comezará a partir das 18h. no pavillón municipal, tal e como vén de informar o Concello de Río.

 

Artigos relacionados

Back to top button