ConcellosO BarcoÚltima hora

Magosto en Outarelo (O Barco) con churrrasco e sinatura de libros

O historiador Christian Barrio asinou exemplares do seu segundo libro "Manuela. Historia de una huida hacia los montes de Casaio"

 

Na noite do sábado 2 de novembro a localidade barquense de Outarelo celebraba o seu particular magosto no Local Social S. Francisco, contando cun convidado moi especial, o historiador valdeorrés Christian Barrio.

 

 

Organizado pola Asociación de Veciños, no magosto non faltaron as castañas asadas nin o churrasco, contando ademais coa presenza de Cristian que asinou exemplares do seu segundo libro Manuela. Historia de una huida hacia los montes de Casaio, no que rescata a memoria da súa bisavoa, que estivo coa guerrilla na “Ciudad de la Selva” e tamén na cadea.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button