Alumnos, profesores e familiares degustaron castañas e doces no pavillón polideportivo da localidade
Moi preto do colexio, no pavillón polideportivo de Rubiá, celebraba o magosto o CEIP Virxe do Camiño. A idea inicial era facelo ao aire libre, no patio do centro escolar, pero ante a ameaza de chuvia finalmente decidían facelo a cuberto.
No pavillón decorado con fotos relativas á festa, todo o centro (alumnos e profesores) acompañados polos familiares do cativos, degustaban na tarde do 9 de novembro, unha boa merenda a base de castañas asadas (que os nenos recibían en recipientes de papel feitos por eles mesmos) e doces, á venda para recadar cartos para a excursión de fin de curso.
A actividade, na que non faltaron os xogos (e o viño para os maiores) estivo organizada pola ANPA e polo propio colexio.
Fotos: Carlos G. Hervella.