Máis de mil cincocentos nenos e nenas procedentes de 13 centros escolares da comarca verinesa, participaron no desfile intantil do Entroido en Verín na mañá do 8 de febreiro.
Acompañados polos Cigarróns e disfrazados de hippies, animais, personaxes do circo, bombeiros, piratas, correos, froitas, bailes do mundo, cubanos ou percusionistas, os cativos percorreron as rúas da vila do Támega ao son da música das charangas Támega, Vakapinta, Mil9, Nova Terras de Trives, Europa e A Chicoria.
Fotos: Carlos Montero. Concello de Verín.