ConcellosÚltima horaVerín

Máis de 100 horas de música en directo e unha completa programación, no Entroido de Verín 2023

A concelleira de Cultura de Verín na presentación.

 

O Entroido de Verín recupera neste 2023 todo o seu esplendor con máis de 100 horas de música en directo e unha programación concibida para o desfrute de todos os públicos. Un total de dezaseis actuacións de música itinerante, once orquestras e cinco disco móbiles marcarán o ritmo do entroido de Verín, que comeza o día 9 co xoves de compadres e termina o 21 de febreiro co martes de entroido. Así o confirmaba a concelleira de Cultura Emilia Somoza na presentación do programa, destacando que “este ano, por fin podemos dicir que volve o noso Entroido con toda a súa pura esencia. Agora sí, este é o momento de que  desfrutemos de novo, sen ningún tipo de restrición organizativa, do que consideramos que e a identidade propia da nosa celebración: o entroido popular na rúa».

Somoza anunciaba tamén que nesta edición poténciase a programación infantil axendada para o luns de entroido. “Contaremos cunha tarde repleta de talleres temáticos de Entroido, multitude de xogos populares e un gran concerto familiar da man de agrupación Uxía Lambona e a Banda Molona. Todas estas actividades estarán situadas este ano na Praza da Mercé, creando así un escenario alternativo ideal para un público máis familiar”, destacou.

 

Desfile o Domingo Gordo en Verín no 2020, antes da pandemia./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Por outra banda, recupéranse nesta edición todos os desfiles do Entroido, destacando un cambio importante no que ten que ver co percorrido da xuntanza de cigarróns o día de Corredoiro; que nesta ocasión sairán desde a avenida de Castela e percorrendo a rúa Luís Espada ata ou cruzamento coa rúa Lisa; e finalizando na Praza García Barbón.

Lanzamento da nova App oficial do Entroido de Verín

Tamén, como importante novidade, o Concello de Verín anunciou o lanzamento dunha nova app, dispoñible para dispositivos Apple e Android, coa que veciños e visitantes poderán acceder a toda a información relevante destas tradicionais festas reunida dixitalmente dunha forma intuitiva e dinámica. Na mesma, ademais de atopar todo tipo de información de interese como a programación, historia, unha exposición virtual de carteis, galerías fotográficas ou un completo mapa con todo tipo de puntos de interese (como restaurantes, hoteis ou zonas de aparcamento libre…), poderemos coñecer en tempo real a localización de todas as charangas e desfiles a través dun sistema de localización por gps.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button