DeportesNataciónÚltima hora

Máis de 120 deportistas de 7 clubs participarán en Ourense no Campionato Galego de Inverno de Natación Artística

Foto: Sincro Ourense.

 

O Club Natación Sincro Ourense e a Federación Galega de Natación, en colaboración co Consello Municipal de Deportes e do Concello de Ourense, organizan para a fin de semana do 17 e 18 de febreiro o Campionato Galego de Inverno de Natación Artística, na piscina Rosario Dueñas do Pavillón dos Remedios. Terá lugar en 4 sesións de mañá e tarde. Pola mañá darán comezo ás 9:30 horas e pola tarde ás 15 horas. Participarán máis de 120 deportistas de 7 clubs galegos das categorías alevín, infantil, júnior e sénior.

A presentación tiña lugar hoxe no salón de plenos do Concello de Ourense e contou coa asistencia de Beatriz Montes, directora técnica do club; Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense; Alba Lojo, vicepresidenta do Club Sincro Ourense, e Aníbal Pereira, concelleiro de Deportes.

 

Presentación do campionato.

Artigos relacionados

Back to top button