DeportesÚltima hora

Máis de 2.000 atletas máster, entre eles valdeorreses, no nacional de pista cuberta en Ourense

Este campionato de España celebrarase do 26 ao 28 de novembro en Expourense

 

En apenas tres semanas a cidade de Ourense convertarase de novo en escenario da disputa dun Campionato Nacional Máster de pista cuberta. Será no recinto de Expourense. “Como xa fixera o pasado mes de marzo de 2019, esta importante cita nacional terá á cidade das Burgas como punto de competición pola que se estima que preto que máis de 2000 atletas tomen parte durante os días 26, 27 e 28 de novembro”, tal e como adianta a Federación Galega de Atletismo (FGA).

Entre os participantes non faltará unha representación valdeorresa, que ademais loitará polas medallas con serias opcións de conseguilas en varias categorías, tal e como adianta o presidente do Club Adas do Barco, Agustín González.

En apenas 17 días comezará este campionato que se achega a súa trixésima segunda edición servindo entre outros aspectos, para conmemorar o Centenario da creación da Federación Galega de Atletismo e para que “o noso importantísimo atletismo máster, poida ter novamente a oportunidade de competir a un máximo nivel nun evento destas características na súa propia casa”, di a federación.

Artigos relacionados

Back to top button