DeportesEnduroÚltima hora

Máis de 250 pilotos participarán esta fin de semana no Enduro de Pantón, 2ª carreira da Liga Galega da Moto de Campo

O barquense Jorge Paradelo lidera a xeral de enduro da Liga Galega de Moto de Campo./ Foto cedida.

 

Despois dunha fin de semana de infarto no Campionato de España de motocros celebrado en Lugo, o concello de Pantón colle esta fin de semana a testemuña das motos, converténdose no centro de atención do motociclismo OffRoad coa proba da Copa de España de TT clásico e Trofeo Café Candeas da liga da moto de campo.

Cun total de 245 participantes, cifras que superan o número de rexistrados da primeira edición, Pantón engalánase para recibir a esta marea de pilotos e afeccionados. O sábado 4 comezan as probas ás 11:30h. coa saída das TT Clásicas desde a praza do Concello cara ao alto de Guítara onde realizarán as tres especiais que a organización lles ten marcadas para a ocasión, unha delas é a proba especial de velocidade. Ás 12h .comezará o mini enduro, neste caso o punto de inicio será no alto de Guítara e a duración da mesma será de 5 horas.

 

 

O domingo día 5 repiten os pilotos de Clásicas, esta vez acompañados cos mellores pilotos galegos, asturianos, portugueses, leoneses,…. Unha grella de 223 motos que farán as delicias de todos.

Os puntos de interese para o espectador son: Praza do concello, hora de saída 11:30h. Alto de Guítara, 12h. ata as 16h. A entrega de premios será ás 17h. na praza de Concello.

Artigos relacionados

Back to top button