Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Máis de 260 rapaces de 8 centros participan na Rúa no Campionato Escolar Provincial de Orientación

 

Dúas semanas despois das probas da liga galega (O-Pé e MTB) celebradas no Bolo, a orientación regresaba á comarca de Valderras da man do programa Xogade.

Na mañá deste mércores 6 de marzo celebrábase na área recreativa do Aguillón, na Rúa, sobre un mapa entre as piscinas, o paeso e o pavillón municipal, o Campionato Esolar Provincial de Orientación no que participaban uns 270 rapaces de oito centros da provincia de Ourense. De Valdeorras estaban o IES Lauro Omo e Divina Pastora do Barco; e IES Cosme López e Pablo VI-Fátima da Rúa; ademais dos institutos de Bande, Celanova, Maceda e Blanco Amor de Ourense.

Organizado pola Xunta, a proba comezaba ás 11:11 coa saída dos primeiros participantes e conta entre outros coa colaboración do Club Peña Trevinca Barco, do Concello da Rúa, de Iberdrola e de Terras Gigurras.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button