OurenseÚltima hora

Máis de 300 nenos participarán este sábado en Ourense no campionato galego de voleibol benxamín e alevín

CV Ourense e CV San Martiño organizan conxuntamente este campionato que reunirá nos pavillóns dos Remedios e O Pompeo ás promesas deste deporte no marco do programa Xogade

Presentación do campionato galego de voleibol en Ourense.

 

Este sábado 18 de xaneiro celebrarase o campionato galego de voleibol de categorías benxamín e alevín, que reunirá en Ourense a máis de trescentos cativos de toda Galicia que disputarán os seus partidos nas pistas habilitadas para tal fin no Pavillón Municipal dos Remedios e no polideportivo de O Pompeo.

O campionato está organizado polo Club Voleibol Ourense e Club Voleibol San Martiño, en colaboración coa Federación Galega de Voleibol e está amparado polo programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar) da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta.

O programa era presentado polo presidente da FGV, José Ángel Luna, acompañado polo xefe de Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; polo concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; polo presidente do CV Ourense, Pablo Pérez; e polo director técnico do CV San Martiño, Mateo Fernández.

Ademais da promoción das actividades físicas deportivas en idade escolar, con especial incidencia no colectivo feminino, un dos obxectivo de Xogade é potenciar a deportividade e o xogo limpo acompañado da mellora do estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables, polo que nesta ocasión o campionato galego contará co patrocinio de LEITE GALEGA 100%.

Artigos relacionados

Back to top button