EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Máis de 400 persoas asisten a unha animada Cea do Cocido en Piñeiro (Trives)

 

Non foi a máis numerosa, pero si unha das máis animadas. A XXVIII edición da Cea do Cocido de Piñeiro reunía na noite do venres 26 de xaneiro, a algo máis de 400 persoas, abrindo por todo o alto as Festas de San Sebastián que esta localidade do concello da Pobra de Trives celebra na fin de semana.

 

 

É unha cita gastronómica e moi lúdica que nunca defrauda e nesta ocasión tampouco o facía. Entre os asistentes, coma sempre moita mocidade pero tamén xente de diferentes idades, incluso nenos, da contorna e doutros puntos algo máis afastados como A Rúa ou O Barco de Valdeorras, así como un bo número de colaboradores que á hora de servir ofreceron prestos a súa axuda.

 

 

O menú tampouco defraudou: un exquisito prato con carne de porco (orella, morro, androlla, chourizo e lacón) con patacas e repolo; de postre bica; viño, café e licores.

 

 

Xa de madrugada a festa continuaba coa orquestra Marbella, pero antes, xusto no momento en que a xente degustaba a bica, o café e os licores, Justo procedía á subasta dos produtos donados por diferentes colaboradores, así como ao sorteo dos 500 euros coas rifas vendidas polos nenos na carpa.

 

 

O acto central foi onte pola noite, pero a celebración do San Sebastián continua na fin de semana con cultos e música. Hoxe pola noite tocará a orquestra Olympus.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button