En portadaÚltima hora

Máis de 450 cativos reuniranse mañá no Barco, na Xornada 3 da Liga Galega de Karate

II Memorial José Puente de Karate, no ano 2020 no Barco./Foto: A.R.

 

Este sábado 15 de abril O Barco de Valdeorras converterase no epicentro do karate galego. A partir das 10 da mañá o pavillón municipal de Calabagueiros acollerá a Xornada 3 da Liga Galega de Karate que reunirá a 454 deportistas de clubs de karate de toda Galicia, ademais dos árbitros, coach e presidencia.

Pola mañá, de 10 a 14 horas competirán as categorías xuvenil e cadete e pola tarde, de 16 a 21 horas aproximadamente, farano os benxamíns, alevíns e infantís.

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/o-barco-acollera-a-xornada-3-da-liga-galega-de-karate/

Artigos relacionados

Back to top button