EconomíaEconomíaEntroido 2023Última horaVídeos

Máis de 500 persoas asisten á XVII Festa da Soá, na Veiga

 

No mediodía deste Martes de Entroido, 21 de febreiro, e tralo desfile de folións e compartes A Veiga celebraba a XVII Festa da Soá. Unha cita gastronómica que reunía no pavillón polideportivo municipal a máis de 500 persoas. A maioría eran os participantes no desfile, pero tamén había veciños da localidade doutros puntos da comarca, como O Barco.

 

 

Ao ritmo da música, o xantar elaborado e servido unha vez máis por Mantesil, comezaba coa sopa e de seguido o prato estrela: soá con patacas, garavanzos, chourizo e verdura.

O Entrudio da Veiga pecharase o vindeiro sábado 25 de febreiro coa V Xuntanza de Fulións, organizada pola Asociación Cultural Son de Trevinca

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button