4,6 Km. de percorrido polos barrios do pobo valdeorrés degustando produtos da terra
Un ano máis o bo tempo acompañou aos centos de persoas que o sábado 3 de maio participaron na Ruta dos Fornos de Celavente (O Bolo). Houbo xente do municipio bolés e doutros concellos como Petín, A Rúa ou O Barco.
Pasaba da unha da tarde do sábado cando comezaba o percorrido polos distintos barrios do pobo, de forno en forno, de fonte en fonte, incluíndo asemade unha adega: Os Hortos, O Viduedo, Outeiro, O Fondo, O Campo, O Cima, A Capilla… E en cada un unha tapa diferente e un grolo de viño.
A ruta chegaba este ano á VII edición organizada pola ACAR Celavente.
Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).