DeportesÚltima hora

Máis de 7.200 escolares das catro provincias participan este ano nos campamentos da Estación de Montaña Manzaneda

 

A desestacionalización da Estación de Montaña Manzaneda, convertida agora nun parque multiaventura con actividades máis aló da neve e durante todo o ano, presenta datos históricos. Así, afiánzase como epicentro dos campamentos na comunidade ao recibir entre xaneiro e agosto deste ano unha cifra que alcanzará os 7.255 alumnos e alumnas das catro provincias galegas, entre os que xa pasaron por ela e os que o farán ata o final do verán. Será un dato de récord, xa que o ano pasado foron 5.120 os estudantes que gozaron das diferentes propostas deportivas. En total, ata finais de agosto pasarán 2.135 escolares máis que o ano anterior, ata completar os 7.255 escolares, un dato que cobra especial relevancia se se ten en conta que a Xunta de Galicia oferta para este verán 11.500 prazas en todos os campamentos da comunidade.

Entre os que xa pasaron por Manzaneda e os que confirmaron a súa praza este verán, pola Estación de Montaña pasarán este ano 2.773 os alumnos de centros educativos da provincia de Pontevedra; un total de 2.166 de Ourense; 1.152 da Coruña e 444 de Lugo. Ademais, espérase que sexan 720 os que participen nas accións de verán da Xunta de Galicia.

Ademais, nos últimos meses recuperáronse e rehabilitado as pistas de tenis para a celebración de eventos e competicións relacionadas cos deportes de raqueta. Xa acolleu o primeiro campamento internacional de tenis de Galicia e ao longo deste verán programouse na Estación de Montaña media ducia de eventos relacionados co tenis, en colaboración coa Federación Galega de Tenis.

 

Artigos relacionados

Back to top button