Moi positiva é a valoración que dende a organización fan da participación no I Concurso de Memes da ANPA IES Martaguisela que contou con máis de 70 participante, “o que supón ao redor do 25% do alumnado do centro, todo un éxito, sendo a primeira edición”, aseguran dende a ANPA que recoñece e agradece “o involucramento e colaboración do comercio local, que con preto de 40 establecementos e xestionados por AEVA contribuíron á difusión do concurso a través das súas redes sociais, ademais, de donar agasallos que permitiron que todos os participantes no concurso tiveran un obsequio”.
Mención especial lle fan ao Concello do Barco de Valdeorras, así como ao IES Martaguisela “polo seu apoio para facer realidade este concurso, que perseguía e conseguiu fomentar a creatividade do alumnado e de maneira paralela activar o comercio local”.
A entrega dos premios aos gañadores das 3 categorías (1º e 2º da ESO; 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato) tiñas lugar na mañá deste venres 26 de marzo no patio do instituto barqunse, contando coa presenza da dirección do centro educativo, da presidenta de AEVA e da propio ANPA. Confiamos que os premios para o s gañadores e os obsequios para todos os participantes animen ao resto a participar nas vindeiras edicións”, desexan dende a organización.
Neste enlace pódense ver e descargar todas as propostas dos alumnos.
Fotos cedidas