Superando as expectativas e cun rotundo éxito de participación baixaba o pano, neste domingo 6 de novembro, a VII edición do Concurso Tapa Micolóxica organizado polo Club Montaña Trives no marco das XXII Xornadas Micolóxicas, na Pobra de Trives.
Nesta ocasión participaban no concurso 13 establecementos de hostalaría trivesa (O Bodegón, Manolos, Boliche, San Martín, Estación de Montaña Manzaneda, Quintela, A Cantina do Catro, O Lar de Alicia e O Pan da María, As Maceiras, O Paíño, A Masía e Experience Truck) que servían máis de 8.000 tapas dende a tarde do venres ata o mediodía de hoxe. “Durante a fin de semana houbo moitísima xente pola vila, nunca tivemos tanta”, aseguran satisfeitos dende a organización.
Cada tapa tiña un prezo único de 1,70 euros que sendo valorada por sabor e presentación. Así, o primeiro premio á Mellor Tapa foi para Os Manolos, o segundo para O Bodegón e o terceiro para o Quintela. Con respecto á Presentación, o primeiro premio foi para o Quintela, o segundo para O Bodegón e o terceiro para A Masía.
A animación musical tampouco faltou nesta edición do concurso, da man das Macizas Centrais que foron tocando polos bares ao tempo que degustaban as tapas.
Fotos: Carlos G. Hervella.