EconomíaEconomíaÚltima hora

Máis de 80 participantes no Espazo da D.O. Monterrei en “Experiencia Verema Santander”

 

A Denominación de Orixe Monterrei concluía a súa participación en ‘Experiencia Verema Santander’, cun éxito de asistencia de asistentes ao espazo da entidade, tal e como se destaca dende esta entidade. Durante toda a xornada, máis de oitenta persoas achegáronse ata a área de Monterrei para descubrir as tipoloxías de viños, características edafoclimáticas, variedades de uva, historia e patrimonio vitivinícola; ademais de poder degustar os tintos e brancos das seguintes adegas da denominación: Ladairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Viños Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Franco Basalo, Trasdovento, Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García (Serra de Alén).

Entre os que visitaban o espazo de Monterrei atopábanse membros de Cenador de Amós, La Cartería, Distribuciones Mauro, La abuela Maruchi, Nortena Distribucións, Ánfora, Tecvino, Fagonprisa, Sanz Calvo, Arrabal 18, Maset, A Miña, Mesón Termino, Vides Calcaria, Liaño Sánchez, El Desván, Vinoteca La Ruta del Vino, Hoteles Santos ou Exclusivas del Vino, entre outros.

“Trátase do primeiro evento de Verema no que participa a denominación no 2023, e conforma unha excelente oportunidade o noso produto tanto ao consumidor final como ao sector da distribución, hostalería ou restauración”, destaca o presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Jonatás Gago.

Artigos relacionados

Back to top button