Marcada pola chuvia e por unha altísima participación estivo a 47ª Carrera Popular Pedestre de San Martiño que na mañá deste domingo 10 de novembro enchía as rúas da cidade de Ourense de afeccionados ao atletismo.
As precipitacións antes e durante a proba absoluta deixaban o chan mollado polo que os atletas, máis que arriscar para mellorar as súas marcas, apostaban pola precaución para evitar caídas polo que non houbo grandes marcas.O que si houbo foi unha gran inscrición con máis de 9.700 deportistas tinguindo de cor a cidade.
Cun cambio puntual no circuíto, motivado polas obras na rúa das Caldas, a primeira carreira en saír era a absoluta con máis de 3.000 corredores inscritos, que gañaban Workneh Fikire e Esther Navarrete.
Despois era a quenda das categorías Sub18, 16 e 14 con máis de 2.500 inscritos; seguida da Sub12 con máis de 1.000; Sub10 con máis de 1.100; e finalmente a inclusiva con máis de 1.600 inscritos.
Como xa vén sendo costume, os membros do Club Ourense Rugby controlaban a saída e numerosos axentes, tanto da Policía Local como da Nacional e voluntarios de Protección Civil, velaban pola seguiradade ao longo dos 10 quilómetros de percorrido por toda a cidade, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Progreso.
Entre os atletas, coma sempre moitos da cidade e tamén do resto da provincia con xente de Valdeorras ou Trives; así como de toda Galicia convertendo esta carreria nunha auténtica festa deportiva.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver/ O SIL/ cedidas.