EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

Máis de mil persoas asisten a unha animada Festa do Codillo na Rúa

 

Dada a rapidez coa que es venderon as entradas postas á venda polo Concello (900 en menos dunha hora máis as invitacións) o xantar da XIV Festa do Codillo da Rúa, a primeira edición post pandemia, prometía estar moi moi animada e non defraudou.

Pasadas as tres da tarde deste sábado 28 de xaneiro e tralas homenaxes aos maiores do municipio e ao irmanamento entre A Rúa e Almendralejo, comezaba no pavillón Vitorino Núñez (no Aguillón) a festa gastronómica cunhas 1.100 persoas que ocupaban a totalidade do pavillón a excepción do espazo para a barra do bar e para a actuación da charanga NBA encargada de amenizar o comezo e o final da festa.

 

 

E entre medias, ao ritmo de bandas sonoras cada vez que aparecían os camareiros, os asistentes degustaron 500 kg de codillos, 300 kg de patacas e 300 kg de grelos, ademais de 80 bicas e o consomé e por suposto viño (godello e mencía), auga, licores, cafés e cava de Almendralejo.

Entre os asistentes, coma sempre xente de todas as idades, da Rúa e de toda a bisbarra, moitos políticos (dende alcaldes da comarca, deputados no Parlamento galego e senadoresm ata o delegado da Xunta en Ourense Gabriel Alén, e a corporación municipal de Almendralejo co alcalde José Mª Ramírez á cabeza, ademais da corporación ruesa) e unha ampla representación, deportiva e social de Almendralejo. Tamén había convidados como a técnico deportiva do Concello de Ourense Marta Míguez, entre outros.

Tras dous anos de ausencia a Festa do Codillo volveu por todo o alto.

Máis imaxes no seguinte enlace: https://osil.info/a-xiv-festa-do-codillo-da-rua-en-imaxes/

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button