







































































































Tras dous anos sen celebrarse había ganas de codillo e sobre todo de festa e así o demostraban as máis de mil persoas que na tarde deste sábado 28 de xaneiro enchian o pavillón municipal de deportes da Rúa, no Aguillón.
Alí, ao ritmo de bandas sonoras pinchadas por Danzalia Disco Show e tamén da charanga NBA, os asistentes degustaron 500 kg de codillos, 300 kg de patacas e 300 kg de grelos, ademais de 80 bicas e o consomé.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información, fotos e vídeos no seguinte enlace: https://osil.info/mais-de-mil-persoas-asisten-a-unha-animada-festa-do-codillo-na-rua/
28 de Xaneiro de 2023