A partir das doce e media deste domingo 10 de novembro as categorías base convertíanse en protagonistas na 12ª Carreira Popular dos Santiños do Barco. Os primeiros en tomar a saída nas pistas de atletismo de Calabagueiros eran os atletas da categoría Sub14, a partir de ía íanse dando as diferentes saídas ata chegar a dos prebenxamíns, proba coa que se poñía fin á competición.
Malia á chuvia e ao frío que acompañaba a esta 12ª edición, rexistrábase unha numerosa participación, con máis dun cento de corredores da base de clubs valdeorreses como o Adas do Barco, do Atletismo Rúa, así como das escolas deportivas ruesas, das de Trives e tamén había algún corredor vianés, entre outros.
Fotos: A.R.
Máis información e fotos:
https://osil.info/a-entrega-de-premios-da-12a-carreira-dos-santinos-do-barco-en-fotos/
https://osil.info/alejo-ares-adas-gana-con-absoluta-autoridade-nunha-fria-e-chuviosa-carreira-dos-santinos-do-barco/