Dende as pistas de Calabagueiros tomaban a saída ás 11:30h. deste domingo 10 de novembro os 60 participantes da proba de maiores da 12ª Carreira Popular dos Santiños no Barco. Facíano en medio dunha intensa chuvia e frío que os acompañaba ao longo de todo o trazado, duns 3.500 metros no caso dos Sub16 (que darán unha única volta) e de 7.000 m (2 voltas) para os Sub18 e Sub23 e veteranos, tanto femininos como masculinos.
Este trazado sufría ademais lixeiras modificacións con respecto á anteriores edicións, tal e como se lles explicaba aos participantes dende a organización, en mans da Delegación Valdeorras da Federación Galega de Atletismo (FGA) e do Club Adas en colaboración co Concello do Barco.
Os primeiros en chegar é meta eran os atletas Sub16. O ganador era Marcos Flecha (Adas), o segundo Xabier Pérez (Atletismo Rúa). En categoría feminina a vencedora era Carmen Rodríguez, seguida de Iria Taboadela de Lina Castro, as tres do Adas.
Tras os atletas Sub16, viña o ganador absoluto da carreira era, tal e como se esperaba, Alejo Ares (Club Adas). Este atleta de Sobradelo cruzaba a liña de meta cun tempo de 21.4, cunha notable vantaxe sobre o segundo clasificado, Julián Romero (Ourense Atletismo), mentres que o terceiro era o valdeorrés Pablo Hernández. No caso da categoría feminina a primeira clasificada era Iria Fernández, seguida de Inés Docampo e de Grit Hagen. As tres son do Club Adas do Barco.
Nesta proba competían uns 60 corredores de clubs valdeorreses como o Adas, o Peña Trevinca, o Fluvial Barco ou o Atletismo Rúa, así como doutros puntos da provincia como é o caso do Ourense Atletismo.
Para garantir o correcto desenvolvemento da carreira e tamén a súa seguridade a organización contaba co apoio da Policía Local, Protección Civil do Barco, Petín e Vilamartín e con Ambulancias Sil. A proba estivo controlada polo Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA.
Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.
Máis información e fotos da entrega de premios dos Santiños en breve.
https://osil.info/mais-dun-cento-de-atletas-da-base-toman-a-saida-na-12-carreira-dos-santinos-barquense/
https://osil.info/a-entrega-de-premios-da-12a-carreira-dos-santinos-do-barco-en-fotos/