DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Máis dun cento de nadadores na IV Travesía Encoro Os Peares

Rubén Álvarez do CN Escualos, foi terceiro na travesía popular de 1km

A 17º estaba este domingo 10 de xuño a auga no Encoro Os Peares (catro menos que o normal para esta época do ano), pero iso non impediu que máis dun cento de intrépidos nadadores, entre eles unha vintena de cativos, participaran na IV edición da travesía organizada polo Club Natación Escualos, o dobre que nas anteriores edicións.

Tal como explican dende a organización “houbo varias baixas e abandonos pero o día foi mellorando segundo avanzaban as horas” e finalmente, participaron 21 nenos na travesía infantil de 200m, 25 nadadores no trofeo Campus da Auga de 1K e 67 no trofeo Peares Inmersión Lingüística de 3K.

“Todos os nadadores deron todo o que tiñan para percorrer as distancias, pero os da proba do circuíto galego de augas abertas xogábanse ademais dun trofeo, os puntos que outorgaba o Encoro”, aseguran Os Escualos. Así, o gañador da travesía popular de 1km foi Iván Fernández, seguido por José Francisco Movilla e Rubén Álvarez do CN Escualos. Con respecto ao desafío de 3 km.  o primeiro clasificado foi Lucas Costa, o segundo Miguel Martínez e o terceiro Javier Alonso.

Os ganadores na travesía infantil foron Carlos Novelle (Cat: 2008-2010), Pedro Álvarez e Catalina Amalia López (Cat: 2005-2007); e ademais, Iago Cruz recibiu o premio ao nadador máis xove en cubrir a distancia de 200m, e Carlos Rudi o do nadador de máis idade.

Na categoría universitaria Trofeo Campus da Auga, os ganadores foron Susana Reboreda e Baltasar García.

Fotos: CN Escualos.

Artigos relacionados

Back to top button