O patio da Biblioteca Municipal de Trives, en Santa Leonor, convertíase na mañá do 19 de xullo en escenario teatral. Máis dun cento de nenos e nenas de Divertrives asistían a unha divertida actuación de Sarabela Teatro na que escoitaban unha serie de historias, entre elas a dunha caixa. Os rapaces participaban asemade na representación de diversos xeitos.
Fotos: Concello de Trives.