ConcellosSen categorizarÚltima hora

Máis dun milleiro de persoas participa en Allariz na festa dunha empresa enerxética

O evento contou coa actuación dos humoristas Fede Pérez e Marcos Pereiro, degustación de polbo e filloas, música e xogos

O Concello de Allariz foi o escenario elixido pola firma enerxética Primagas para presentarse en Galicia. E o fixo organizando unha gran festa no domingo 9 de outobro na que participaron máis de 1.000 persoas. Os humoristas Fede Pérez e Marcos Pereiro, a degustación de polbo e filloas, a música e os xogos concentraron a programación desta festa celebrada no Campo da Feira da vila.

Esta festa ademais tiña tintes solidarios, posto que a empresa comprometeuse a destinar a recadación á Asociación Puzzle, unha entidade que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade. O Concello tamén colaborou coa iniciativa. Así, nas imaxes pódese ver ao alcalde alaricano, Francisco García, saboreando unhas talladas de polbo en compañía do director xeral de Primagas, Joost Krover, aos humoristas no seu espectáculo ou diversas persoas disfrutando dunha tarde de xogos.

Artigos relacionados

Back to top button