ConcellosÚltima hora

Máis dunha ducia de coches vendidos nesta mañá no 2º Salón do Vehículo da Ocasión de Valdeorras, no Barco

Esta mostra, que se iniciaba onte e continuará ata as 21h. do domingo, reúne uns 60 coches usados no campo da festa

 

Moi animado tanto nas visitas como nas vendas está a resultar a segunda edición do Salón do Vehículo da Ocasión de Valdeorras, que se celebra do 2 ao 4 de xuño na explanada do campo da festa no Barco, xunto ao Paseo do Malecón. De feito durante esta mañá vendíanse máis dunha ducia de vehículos, tal e como informan dende a organización. A mostra, promovida por Talleres Galiñas, Alquidobao e Auto Sport; achega liquidación de stock, condicións especiais e gran stock de vehículos.

Esta feira xurdía no ano 2019, organizada por estas tres empresas que se dedican ao mundo do vehículo. “O formato empezou a encaixar, porque se fai en diferentes lugares e funciona, e decidimos probar. Falamos cos talleres do Barco a ver quen quería entrar e ao final quedamos os tres no 2019 no inverno, e saíu ben e chegou a pandemia. Entón esta actividade cortouse e agora retomámolo outra vez. Parece que está movendo un pouco o mercado, comezou a haber coches”, din os promotores, que valoran de maneira moi positiva o desenvolvemento do que está sendo esta segunda edición. “A idea é que se consolide e facer unha todos os anos”.

 

 

Os vehículos á venda son todos matrículados, usados, algúns dende días ou un mes ata coches ata 6 ou 7 anos de ocasión. No salón, que continuará esta tarde ata as 21h. e na xornada do domingo (das 10h. ata as 21h.), poden verse uns 60 coches. “Ademais diso temos o financiamento para todos os vehículos, é dicir, pódese comprar, prestámoslles os cartos para mercar o coche e xestionámoslle ata o seguro porque colabora con nós AXA, Ignacio Rodríguez, para os coches que se vendan na feira”, indican dende a organización, coa que tamén colaboraba “Saro Vázquez de Suministros Vázquez e Juan de SRS Técnicas, que son provedores nosos e colaboraron con nós en botarnos unha man economicamente na feira para axudarnos cos custos do evento, e tamén o Concello do Barco, que en el non sería posible celebrar isto”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button