Nestas imaxes pode verse o tamaño deste niño secundario de Vespa velutina en Fontei (A Rúa), un dos máis grandes localizados ata o momento en Valdeorras e que tamén estaba activo. Foi neutralizado neste martes 27 de novembro por parte do GES Valdeorras e de Protección Civil da Rúa, usando unha pértega. No lugar tamén se contaba coa presenza do presidente da Asociación Valdeorresa de Apicultores, Armando Rodríguez.