ConcellosO BoloÚltima hora

Malestar nas Ermidas (O Bolo) porque non se poden ver outras canles de tv que non sexan a galega

Foto: O SIL.

 

A veciñanza das Ermitas (O Bolo) vén de expresar o seu malestar pola imposibilidade de ver canles de televisión, unicamente se poden ver a televisión galega. “Dende o pasado 10 de agosto estamos sen canles de tv en As Ermidas (O Bolo), tan só se pode ver a galega. Puxen varias reclamacións tanto na Xunta como en Retegal pero, ata a data, non houbo ningunha resposta”, explica Jose Antonio Hervella, veciño desta localidade que tamén puxo en coñecemento do Concello do Bolo esta situación.

Este veciño tamén explica que esta problemática afecta a varios concellos “como o do Bolo, Trives e Manzaneda” e que isto afecta ao seu traballo como xornalista “é imposible poder teletraballar pola nula conexión”.

Lamenta que, tras máis dunha semana despois de ter presentado as reclamacións, “non recibimos ningunha resposta e moito menos unha solución. En pleno mes de agosto coa cantidade de turistas que hai nos distintos concellos e estamos peor que nos anos 80 cando só se vía TVE”, conclúe.

Back to top button