ConcellosO BarcoÚltima hora

Malestar veciñal polo mal olor na desembocadura do río Cigüeño, no Malecón do Barco

 

Os veciños e as persoas que frecuentan o céntrico Paseo do Malecón do Barco veñen de manifestar o seu malestar polo mal olor procedente de augas, aparentemente fecais, que están a baixar dende onte pola parte final do cauce do río Cigüeño (polo que non trae auga), xusto no punto da desembocadura no Sil.

Esta é unha zona moi frecuentada, especialmente nas fins de semana, e xusto ao seu carón está un parque infantil, polo que os veciños piden que se trate de solventar esta situación.

Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button