A RúaConcellosÚltima hora

Mañá abrirán as piscinas municipais da Rúa

 

Dende o Concello da Rúa vén de anunciarse que mMañá venres 23 de xuño abrirán as súas portas as piscinas municipais. Manterase o horario doutros anos, é dicir, de 12:00 horas a 20:00 horas, de luns a domingo.

O prezo das entradas é de:
– Diario: 1’50 €
– Domingos e festivos: 2 €

Ademais, dende lémbrase que os bonos xa están dispoñibles tamén no Concello da Rúa e desde mañá mesmo na propia instalación da Piscina Municipal.

Os prezos son os que seguen:
– Familiar empadroadas/os: 50 €
– Familiar non empadroadas/os: 60 €
– Individual: 35 €

Así mesmo, dende mañá a venciñanza terá á súa disposición o servizo de bar. “O restaurante tardará uns días máis porque queremos que abra nas mellores condicións posibles”, aseguran dende o Concello

Artigos relacionados

Back to top button