ConcellosÚltima hora

Mañá haberá unha proba de sirenas das presas de Casoio e Pumares

Presa de Pumares./ Foto: Carlos G. Hervella.

A través dun bando municipal, o Concello do Barco vén de informar de que mañá martes 21 de xuño de 2022, entre as 11h. e as 13horas, e “co fin de conseguir o coñecemento pola poboación dos Plans de Emerxencia das Presas de Casoio e Pumares” (Carballeda de Valdeorras, vaise facer unha “proba de son” que será audible dende os seguintes emprazamentos do termo municipal: Éntoma, Coedo, Viloira e O Barco de Valdeorras.

Dende o Concello tamén se matiza que “ao tratarse dunha proba, a poboación non deberá facer nada especial ao escoitala, nin alarmarse polo son que puidera producir”.

Artigos relacionados

Back to top button