OurenseÚltima hora

Manoel Carrete toma posesión como asesor de Emigración da Deputación

O primeiro cometido que fará será o de abrir o Museo Galego da Emigración, no pazo de Vilamarín
Manuel Baltar e Manoel Carrete.

O historiador e avogado Manoel Carrete vén e tomar posesión como asesor de Emigración da Deputación, un área que o presidente da institución provincial, Manuel Baltar, quere potenciar “para seguir poñendo aínda máis en valor a importancia histórica, económica e social que tiveron en teñen no mundo os emigrantes ourensáns, que tanto contribuíron ao desenvolvemento da nosa provincia”, afirmou Baltar, quen celebrou con Manoel Carrete a súa primeira xuntanza no Pazo Provincial tras a súa toma de posesión.

Un dos primeiros proxectos nos que traballará Carrete será o Museo Galego da Emigración, que se ubicará na Pazo de Vilamarín, un espazo que amosará o que foi a historia da nosa emigración, con obxectos, relatos e recordos, “e que amosará tamén os moitos éxitos que os nosos emigrantes conseguiron ao longo das súas vidas, que foron moitos e que tamén deben ser coñecidos. Un museo interactivo innovador, de lembranza e aprendizaxe”, explicou Manuel Baltar.

Manoel Carrete, licenciado en Historia e en Dereito, foi presidente do Centro Galego de Barcelona e vicepresidente da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña e da Irmandade A Nosa Galiza de Mollet.

Artigos relacionados

Back to top button