
Xornada de estabilidade en canto a casos activos de Covid-19 en Valdeorras, manténdose en 32 os positivos, os mesmos que onte, aínda que con pequenos cambios nalgúns concellos, segundo os datos comunicados neste venres 30 de abril polo Sergas.
No caso do Barco hai un positivo máis, é dicir, pasa dos 15 de onte a 16; mentres que A Rúa baixa e queda con 1 positivo (un menos que onte).
No resto de concellos mantéñense os datos de onte: Carballeda de Valdeorras ten 6 positivos; Vilamartín de Valdeorras segue con 3; Petín con 4 e Rubiá con 2.
Tres positivos nos centros educativos da comarca
Tamén nesta xornada se manteñen os casos activos de coronavirus nos centros educativos da comarca. O IES Lauro Olmo e o Colexio Divina Pastora continúan con 1 positivo en cada centro; e o CEIP Manuel Respino da Rúa ten 1 positivo, segundo os datos publicado no listado da Xunta de Galicia.



