ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

Manto branco nas Terras de Trives

 

Tras varias xornadas de de frío e intensas xeadas, a chuvia caída na tarde-noite do martes 7 de febreiro convertíase en neve en zonas da montaña ourensá que quedaban cubertas de branco.

 

 

E así, con esta fermosa estampa nevada amencía a xornada deste mércores, con imaxes captadas por Teo na Pobra de Trives e arredores, a quen lle damos as grazas por cedérnolas para publicar.

Fotos: Teodoro Suárez.

Estación de Montaña Manzaneda

Tamén dende a Estación de Montaña Manzaneda enviaban imaxes da nevada, informando de que as instalacións “seguen abertas entre semana con tarifas reducidas”. De luns a xoves o horario de apertura é de 10 a 17 horas e o aluguer de 9 a 16:30 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button