PolíticaÚltima hora

Manuel Cabezas, candidato do PP á alcaldía da cidade: “Quero un Ourense moderno e confortable”

Esta mañá tiña lugar a presentación dos candidatos resentación de los candidatos populares ás municipais nas sete cidades galegas

 

Esta mañá tiña lugar en Santiago a presentación dos candidatos do PPdeG nas sete cidades galegas, entre os que está Manuel Cabezas, que será o cabeza de lista por Ourense. Cabezas enmarcou a súa volta á política na importancia de transformar o Concello: “A vida municipal de Ourense ten que regresar á normalidade democrática, ao rigor económico, ás decisións reflexivas, á colaboración institucional, ao diálogo e ao respecto”.

Nun acto que, ademais dos sete candidatos, tamén contou coas intervencións do presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e o vicesecretario de Organización Territorial do PP, Miguel Tellado; Manuel Cabezas destacou a importancia de conseguir en Ourense a maioría absoluta en maio do 2023: “Grazas á maioría absoluta puidemos realizar a primeira gran transformación da cidade entre 1995 e 2007. Porque este é o gran cambio que debe producirse en Ourense. A maioría absoluta do PP é vital para impulsar a cidade e aproveitar as novas oportunidades que emerxen no horizonte”.

Sobre o camiño para seguir nesta segunda gran transformación de Ourense liderada polo PPdeG, Manuel Cabezas recalcou na súa intervención no Multiusos do Sar a importancia de dotar de seguridade xurídica á política urbanística da cidade. “Temos que recuperar o atractivo da cidade para atraer investimentos e impulsar Ourense. Eu isto seino facer porque o fixen, e por iso volvín á política: porque creo que podemos volver facelo”.

· Sitúa o balance conseguido entre 1995 e 2007 como referencia da senda pola que debe camiñar Ourense: “Os proxectos impulsados polo Concello deben ser fitos para conseguir visibilidade fose do territorio. Ourense é unha cidade de ribeiras, pontes, pasarelas… Nesa liña de traballo movémosnos na nosa primeira etapa na Alcaldía a través de proxectos tan recoñecibles como o Puente do Milenio, a recuperación das beiras do Miño, o Auditorio, o termalismo… e por aí seguiremos a partir de maio do 2023”.

· “O noso obxectivo é moi claro: un Ourense moderno e confortable, cos veciños perfectamente integrados na súa contorna e orgullosos de vivir na súa cidade”, recalcou Manuel Cabezas.

Artigos relacionados

Back to top button