PolíticaÚltima hora

Manuel Cabezas: “Conseguiremos a maioría absoluta para volver a ter o Ourense que Ourense merece”

A xunta local do PP da cidade de Ourense, que presidente Manuel Cabezas, tamén candidato á alcaldía, comeza o novo curso político

 

Manuel Cabezas presidía esta tarde a reunión da xunta local do Partido Popular da cidade de Ourense. Este encontro de traballo, celebrado no Hotel Barceló, supón o arranque do curso político para os novos órganos de dirección do partido na cidade, elixidos no congreso do pasado mes de xullo. “O PP de Ourense está perfectamente preparado para afrontar un curso político que será clave para o futuro desta cidade”, resalta Manuel Cabezas, que valora a importancia de contar con “este sobresaínte equipo de persoas disposto a acometer a segunda gran transformación da nosa cidade, a través dun proxecto tan ilusionante como dinámico e aberto a toda a cidadanía”.

Nesta reunión estiveron presentes o secretario xeral do PP de Ourense, Jorge Pumar; o vicesecretario, Francisco Javier Rodríguez-Novoa; xunto aos secretarios executivos, presidentes de distrito, coordinadores de área e vogais.

 

 

“Estamos no bo camiño”, sinalou Manuel Cabezas sobre a nova etapa aberta polo partido na cidade antes de situar o foco no traballo que realizarán nas próximos semanas. “Estamos escoitando á cidade, porque contamos con todos os cidadáns para deseñar o Ourense do futuro, que construiremos a través da política útil, moderada e sensata, na que non hai espazo para os insultos nin os comportamentos tóxicos”, engadía.

O presidente local do PP e candidato ás eleccións municipais de 2023 amósase contundente coa consecución dos obxectivos marcados: “Entre todos construiremos unha proposta recoñecible e transformadora, coa que conseguiremos a maioría absoluta o 28 de maio e iniciaremos ese gran cambio na xestión municipal que permitirá volver a ter o Ourense que Ourense merece”.

Artigos relacionados

Back to top button