Dende o 6 ata o 25 de agosto (fins de semana incluídos, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00) Manzaneda acollerá o curso de monitores de actividades de tempo libre ESTOU no Local Social A ESTÍA, situado na praza do Concello.
Esta actividade de formación conta con 2 momento diferenciados: unha fase inicial de 200 horas teórico-práctica, á que se lle unen unha segunda fase consistente na realización de 150 horas prácticas.
Esta acción formativa está organizada pola escola de Tempo libre ESTOU en colaboracón co Concello de Manzaneda.
Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella