EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Manzaneda amosa diversas experiencias que apostan polo futuro do rural

Este concello convertíase en escenario das I Xornadas Batefogo na fin de semana do 7 e 8 de outubro

Tomando como punto de partida os recursos forestais, gandeiros, pastorís ou mesmo naturais existentes no rural, hai unha serie de iniciativas ourensás e galegas que están a apostar polo rural e polo seu desenvolvemento socioeconómico. Algunhas delas podían coñecerse a través das “I Xornadas Batefogo. Iniciativas que traballan por e para o rural” que tiñan lugar na fin de semana do 7 e 8 de outubro no Concello de Manzaneda.

Este foro reunía a ponentes que amosaban a súa experiencia na posta en valor do rural como era o caso da Comunidades de Montes en Man Común de Cova (Trives), da Cooperativa Monte Cabalar, da Comunidade de Montes de Paraños ou do grupo informal de Xóvenes do Xurés.

Esta iniciativa ten sido promovida dende o Concello de Manzaneda, xunto co proxecto Batefogo. O seu alcalde, Félix Domínguez, facía un balance positivo do encontro que pretende achegar aos cidadáns deste municipio de montaña as alternativas que existen para desenvolver os recursos desta zona. A intención do Concello é continuar por esta liña con novas activiades deste tipo, segundo adianta o seu rexedor.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button