ConcellosManzanedaÚltima hora

Manzaneda conta cun novo tractor-rozadoira de brazo hidráulico e rozadoira arrastre

 

O Concello de Manzaneda vén de recibir un novo tractor-rozadoiro de brazo hidráculico-rozadoira arrastre. “Tras varios anos de solicitude, na anualidade 2023 conseguimos asinar o Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural (D. X Defensa do Monte), a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Manzaneda para adquisición de maquinaria destinada ao mantemento e a conservación das Infraestruturas lineais e da contorna agroforestal para a Prevención e a defensa contra os incendios forestais, na que a Deputación de Ourense e a Conselleria de Medio Rural financian entre ambas a partes iguais 96.666,66 € e o concelo o I.V.E.”, explican dende o Concello.

Así, tras o “procedemento aberto simplificado, a adxudicataria ca oferta máis vantaxosa (116.946,50 €) procedeu ao subministro da maquinaria e á explicación do funcionamento do tractor e de ambas debrozadoras”, engaden dende esta administración local.

Artigos relacionados

Back to top button