ConcellosÚltima hora

Manzaneda, entre os participantes na Asemblea do Fondo Galego de Cooperación

Esta xuntanza, na que participarán representantes das deputacións e concellos, terá lugar o 17 de marzo en Santiago

log

Representantes das deputacións e concellos socios do Fondo Galego de Cooperación están convocados o 17 de marzo na sede da Fegamp en Santiago á asemblea desta entidade, que conta cunha comisión executiva renovada tras as eleccións locais. Entre eses concellos estará o ourensán de Manzaneda.

O presidente do Fondo Galego, Juan González, abrirá a sesión expoñendo o informe de situación da entidade, para pasar logo á aprobación do balance económico de 2015. Darase conta a seguir das últimas altas e baixas de socios e, para rematar, presentarase tanto a planificación coma o orzamento previsto para o presente exercicio.

Tamén se presentará o Plan de actividades para este ano, co título “O municipalismo galego, aberto a cooperar’”. Inclúe accións de fortalecemento do Fondo Galego, de sensibilización social fronte as desigualdades, de proxectos de cooperación internacional e de comunicación.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está formado por 84 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Artigos relacionados

Back to top button