ConcellosManzanedaÚltima hora

Manzaneda rexistra 39 casos activos de Covid, 10 menos que o venres

Exterior do Centro de Saúde de Manzaneda.

 

Redúcense os casos activos de Covid en Manzaneda. O municipio contabiliza neste luns un total de 39 positivos, 10 menos que o pasado venres, segundo os datos que facía públicos hoxe a Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte).

No resto da Área do PAC de Trives, o concello de Trives ten 5 positivos, 3 menos que o venres; mentres que San Xoán de Río permanece libre de virus dende o 14 de febreiro.

Artigos relacionados

Back to top button