ConcellosManzanedaÚltima horaVídeos

Manzaneda vive o día grande das Festas da Virxe das Neves

A procesión estivo acompañada pola charanga TDB e o baile de tarde e verbena estará amenizado pola orquestra Tango

 

Tras unha fin de semana cargada de actividades para todas as idades (música, cultos,…), a vila de Manzaneda celebra hoxe domingo 6 de agosto, o día central das festas patronais na honra á Virxe das Neves.

 

 

En torno ás 13h. saía a proceisón coa imaxe da Virxe, percorrendo as rúas do pobo co acompañamento musical da charanga TDB, que remataba na igrexa parroquial coa santa misa cantada polo Orfeón Trivés. E xa pola tarde, terá lugar a actuación da orquestra Tango que porá o broche musical á noite e á verbena. Baixará o pano desta edición das festas a sesión disco de DJ Cabra.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button