Gardando as medidas de seguridade e respectando as distancias, a vila de Manzaneda vivía na mañá deste sábado 22 de agosto unha animada xornada de feira na zona coñecida popularmente como “praza da farmacia”.
Numerosas persoas percorrían o recinto feiral que reunía unha ducia de postos, de produtos alimentarios como froita, embutidos ou prendas de vestir. Non faltaban tampouco as dúas pulpeiras (unha de Trives e outra de Portela) habituais nos lugares de sempre.
Ademais durante a feira, os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda velaban para que se respectasen as normas de seguridade e hixiene en todo momento.
“Está sendo unha festa bantate, boa hai xente e case parece unha feira normal de todo o ano, pero coas medidas de seguridade para evitar contaxios. Temos xel, tamén damos mascarillas por se alguén vén sen ela”, comenta o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández.
Tamén eran numerosas as persoas que facían unha paradiña nos bares da vila para tomar algo e desfrutar dun pincho.
Fotos: Carlos G. Hervella.