SanidadeÚltima hora

Mar Vázquez, nova directora asistencial da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco

Mar Vázquez, nova directora de Asistencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.

 

No Diario Oficial de Galicia deste martes 10 de novembro aparece publicada unha orde da Consellería de Sanidade na que se nomea como nova como directora asistencial da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco a María del Mar Vázquez Salvado. Este posto estaba vacante desde o traslado do seu anterior responsable, Javier Puente Prieto, á xerencia da Área Sanitaria de Vigo.

Mar Vázquez ocupaba ata agora a dirección de procesos de soporte, onde coordinaba, desde setembro de 2019, as áreas cirúrxicas, de innovación, docencia e calidade. A súa responsabilidade anterior á súa chegada a Ourense era precisamente a Dirección Asistencial da Área Sanitaria de Vigo, onte tamén asumíu, ao longo de catro anos, a dirección de procesos con ingreso.

Licenciada en Medicina e Cirurxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, Mar Vázquez é Especialista vía MIR en Medicina Preventiva e Saúde Pública e Especialista en Saúde Pública, pola Universidade de Santiago de Compostela, desde 1993. Magister en Administración e Xestión Sanitaria, pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1994, é Diplomada en Metodoloxía de Avaliación e Mellora da Calidade, pola Universidade Autónoma de Barcelona, en 1998, e posúe os máster en Especialización en Xestión e Metodoloxía da Calidade Asistencial, pola U. Autónoma de Barcelona en 2001, e de Alta Dirección Sanitaria, pola Universidade de Burgos, en 2005.

Con ampla experiencia na xestión sanitaria, ocupou distintas responsabilidades directivas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, onde asumíu as subdireccións de Servizos Centrais e Soporte.

Ata o seu retorno a Galicia, en 2010, desenvolveu parte da súa traxectoria profesional no Hospital Xeral de Soria, no Servizo de Medicina Preventiva, onde foi xefa de sección e responsable da área de calidade, asumindo tamén, entre outras responsabilidades, a Dirección Médica deste centro hospitalario entre 2005 e 2010, periodo no que foi profesora asociada da Escola de Enfermería da Universidade de Valladolid.

Artigos relacionados

Back to top button