OurenseÚltima hora

Maratón de escalada do Canón do Sil, o 16 de setembro

Esta iniciativa, que acada a súa quinta edición, será organizada polo Club Alpino Ourensán

 

Cartel do maratón.

 

Fomentar a escalada deportiva e, ademais, divulgar a escola de escalada e o entorno do Canón do Sil como destino. Estas son as pretensións do Maratón de Escalada, unha cita promovida polo Club Alpino Ourensán que chega xa a súa quinta edición. A idea xurdía para xuntar a escaladores do noroeste de España a través dunha xornada de escalada e facer da mesma unha festa e encontro do deporte.

Desta volta este maratón está prevista para o vindeiro 16 de setembro. “Trátase de escalar por cordadas e en autosuficiencia o máximo número de vías na escola de escalada do Canón do Sil en 12 horas. Cada vía ten a súa propia puntuación en función da súa dificultade, lonxitude, etc, gañando a cordada que consiga o maior número de puntos”, segundo se informa dende o Club Alpino Ourensán. Neste sentido, o maratón de escalada do Canón do Sil é unha competición sin igual en Galicia (12 horas de escalada) sendo referente no norte de España e Portugal e nun lugar incomparable, o Canón do Sil.

Tamén subliñan dende esta entidade deportiva a riqueza cultural, gastronómica, histórica e paisaxística do Canón do Sil, xunto co feito de ser unha gran escola de escalada.

A escalada, engaden dende o Club Alpino Ourensán, é un deporte de moda que debido o seu crecemento, o Comite Olimpico Internacional decidiu incluílo coma novo deporte olímpico en Tokio 2020.

Artigos relacionados

Back to top button