ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Marcha pola paz en Ucraína dos centros educativos do Barco o 7 de abril

Percorrerá a estrada xeral da vila e chegará á praza do Concello ás 11:30 horas onde leran un manifesto

 

Este xoves 7 de abril todos os centros educativos do concello do Barco de Valdeorras teñen previsto realizar unha Marcha pola paz en Ucraína, que partirá dende cada un dos centros do Barco (Colexio Divina Pastora, CEIP Otero Pedrayo de Viloira, IES Lauro Olmo e Martaguisela, CEIP Julio Gurriarán e CEIP Condesa de Fenosa) simultaneamente, percorrendo diferentes rúas da vila para concentrarse na Praza do Concello ás 11:30h. onde haberá un pequeno acto. Lerán un pequeno manifesto e colgarán as pancartas previamente elaboradas dende as diferentes aulas, con algún tipo de motivo en relación á paz en Ucraína.

A marchar pecorrerá o centro da vila, polo que haberá cortes nas avenidas Marcelino Suárez e Conde Fenosa entre las 11 e ás 12:30h.

“Con esta marcha e concentración queremos reivindicar o dereito dos pobos a vivir en paz e liberdade, a resolución pacífica dos conflitos e a solidariedade da comunidade educativa barquense con todas as xentes que teñen a desgraza de vivir e sufrir unha guerra e, en particular, co pobo ucraíno”, aseguran dende a organización.

Trátase pois dun acto en repulsa da guerra e da violencia en xeral, que nace coa idea de que “o alumnado teña voz sobre un tema que realmente lles preocupa, lembrando os vellos tempos nos que este tipo de actos eran máis frecuentes como por exemplo as marchas polo Prestige, que foron momentos de unión de toda a sociedade galega naquela época en contra de algo. Unha situación parecida á que se esta vivindo agora, coa sociedade unida en contra desta violación dos dereitos humanos da poboación ucraína, máxime nun concello como O Barco con gran número de refuxiados per cápita, demostrando unha vez máis que estamos á altura das circunstancias, levantando a voz en denuncia de todo isto”, rengaden dende un dos centros participantes.

Artigos relacionados

Back to top button