PolíticaÚltima hora

Marcos Fernández entrará como edil do BNG na Rúa, tras a renuncia do Germán Alejandre

Alejandre deixará o seu posto "por motivos persoais", segundo se vén de informar dende o BNG de Valdeorras

Marcos Fernández con Germán Alejandre./ Foto cedida.

 

O rues Marcos Fernández González pasará a formar parte da Corporación municipal do Concello da Rúa. Faráo nos próximos meses collendo así o relevo do concelleiro do BNG Germán Alejandre Salgado, que ocupaba o terceiro posto na mesma candidatura e que foi reeleito concellal nas eleccións de maio de 2019.

Este cambio producirase despois de que se faga efectiva a renuncia de Germán Alejandre a continuar no seu posto por motivos persoais. Alejandre foi concelleiro da Rúa nos dous últimos mandatos ocupando o posto da segunda tenencia de alcaldía durante o goberno bipartito do BNG e o PSOE entre 2015 e 2019.

Marcos Fernández, que se estreará agora na política insititucional, é licenciado en Ciencias Químicas e pai dunha nena de 6 anos. Grande xogador de xadrez, defínesecomo un apaixonado da Rúa e das súas xentes e enceta esta nova etapa “con ilusióne con moitas ganas de traballar pola vila que me veu nacer e que escollín para levaradiante o meu proxecto de vida”. Das prioridades de traballo para o que resta de mandato Fernández destaca  anecesidade “de dotar á Rúa de dinámicas que rachen co evidente desmantelamentoe despoboamento actuais e que permitan pensar o noso concello en futuro lonxe doderrotismo e conformismo no que semella estar inmerso o Concello hoxe en día”.

Marcos Fernández tivo tamén palabras para o seu antecesor no cargo ao que “parabeniza e agradece todo o traballo feito”. Neste sentido, a portavoz municipal do BNG na Rúa, María Albert, incidíu no papel “determinante” que Germán Alejandre desenvolveu nos seus anos de adicación ao Concello e o pulo que deu as súas áreasde traballo no período de goberno bipartito no que achegou “adicación, impulso, ilusión e resultados só por amor á Rúa”.

Albert quixo destacar sobre todo a faciana persoal de Germán Alejandre que, “máis aló do traballo político e de ser un grande compañeiro para Avelino Seco e para minmesma, é sobre todo un amigo”. Por último, a portavoz nacionalista amosou a súa seguridade do grande traballo que Marcos Fernández desenvolverá na Corporación municipal e subliñou que Fernández chega “para sumar e dar un novo pulo a un grupo municipal que querecontinuar a ser firme na oposición e propositivo en ideas e modelos”.

Artigos relacionados

Back to top button