CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Marcos Waldemar enche o Teatro Lauro Olmo do Barco coa maxia, comedia e historia de ‘Inherente’

 

Como todo inicio as expectativas eran moitas e moi altas pero cubríronse con creces. Con grandes colas para entrar no Teatro Lauro Olmo do Barco e certo retraso sobre a hora prevista, comezaba na tarde deste venres 14 de marzo, Inherente o espectáculo de maxia (uni)Persoal de Marcos Waldemar que abría no Barco de Valdeorras a xira galega.

 

 

Como espectáculo familiar que é, no patio de butacas había moitos nenos pero tamén adolescentes e xente de todas as idades que desfrutaron de máis dunha hora dun xogo onde o ilusionismo, o teatro e a comedia se xuntan para contar a súa propia historia. Unha historia de magos, vencellada a un antepasado seu, o Conde de Waldemar a quen homenaxea co seu apelido, “que viaxou por 69 países facendo maxia”.

 

 

Marcos chegou pola porta de adiante, mesturándose co público e a partir de aí, con grandes doses de humor e moita pericia, xogou co público e coas emocións. Os asistentes riron, sorprendérose, emocionáronse e sobre todo, divertíronse.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button