PolíticaÚltima hora

María Carmen González, proposta para ser deputada do PP por Valdeorras na próxima Corporación provincial

As listas, votadas por unanimidade na reunión do Comité Electoral, deberán ser referendadas en votación polos edís dos concellos pertencentes á XEZ de Valdeorras

A alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Comité Electoral Provincial do Partido Popular de Ourense aprobou esta tarde por unanimidade as propostas dos deputados que formarán parte da vindeira corporación provincial en representación da Xunta Electoral de Zona (XEZ) de Ourense e a de Valdeorras.

As propostas aprobadas hoxe están integradas polos seguintes nomes:

– Xunta Electoral de Zona de Ourense

Titulares:

1. Luis Menor Pérez

2. Rosendo Luis Fernández Fernández

3. Marta Nóvoa Iglesias

4. María Teresa Barge Bello

5. Jorge Pumar Tesouro

6. Manuel Seoane Rodríguez

Suplentes:

1. Gumersindo Lamas Alvar

2. Pablo Pérez Pérez

3. Pura Rodríguez Álvarez

– Xunta Electoral de Zona de Valdeorras

Titular:

1. María del Carmen González Quintela

Suplentes:

1. Juan Anta Rodríguez

2. Álvaro José Fernández López

3. Elías Rodríguez Núñez

As listas, votadas por unanimidade na reunión celebrada esta tarde de xeito telemático, deberán ser referendadas en votación polos edís dos concellos pertencentes, respectivamente, ás XEZ de Ourense e de Valdeorras.

Os concelleiros elixidos formarán parte da corporación provincial para o mandato 2023-2027 dentro do grupo popular, tomando posesión das súas actas de deputado na sesión de investidura da Corporación provincial. 

Artigos relacionados

Back to top button